Home Cultura Lugo acolle ao dúo Pacífica este mes de outubro no Son Estrela Galicia

Lugo acolle ao dúo Pacífica este mes de outubro no Son Estrela Galicia

0
Lugo acolle ao dúo Pacífica este mes de outubro no Son Estrela Galicia
O rock de Pacifica chega en outubro a Ourense, Lugo e Granada con SON Estrela Galicia. SON ESTRELA GALICIA

SON Estrela Galicia, o proxecto musical cervexeiro de Estrela Galicia, inicia outubro con Pacifica, o dúo arxentino que converteu a súa paixón polo rock dos 2000 nunha proposta con identidade propia e alcance internacional.

A formación pasará por Ourense este venres 2 de outubro, por Lugo o sábado 3 e, por último, por Granada o mércores 7. As citas terán lugar no Café & Pop Torgal, Ho! Gruf e Lemon Rock, respectivamente. O concerto de Lugo comezará ás 13:00 horas e a entrada será gratuíta e libre ata completar aforamento; mentres que para Ourense e Granada, as entradas están dispoñibles a través de DI.

Pacifica naceu do encontro de dúas amigas -Inés Adam (cantante e guitarrista) e Martina Nintzel (baixista)- que se coñeceron por Tiktok intercambiando mensaxes sobre as súas obsesións musicais, especialmente ao redor de bandas como The Strokes.

En 2022, a formación lanzaba o seu debut, ‘Not A Cover Band’, coas súas primeiras cancións propias tras facerse virales facendo precisamente versións doutros artistas. Un ano máis tarde publicaron ‘Freak Scene’, un traballo que trasladou a enerxía directa, as guitarras afiadas e o pulso melódico que alimentaran as súas primeiras versións.

A acollida de público e crítica, con repercusión en cabeceiras como Rolling Stone e Billboard, situou rapidamente ao dúo entre os nomes emerxentes máis estimulantes da nova escena rock arxentina. Máis tarde virían ‘In Your Face!’ (2025) e o seu EP máis recente, ‘Just Non Fun’ (2025).

O seu impulso internacional confirmouse pronto sobre os escenarios. Tras comezar a presentar ‘Freak Scene’ en Buenos Aires, Pacifica ampliou o seu percorrido por Sudamérica, Norteamérica e Europa, pasando por cidades como São Paulo, Toronto, Nova York, Los Ángeles, Berlín, Milán, Madrid ou Londres.

A súa traxectoria en directo inclúe ademais aparicións na primavera Sound e Lollapalooza, así como unha actuación como banda convidada de M*neskin. Agora, Inés e Martina chegan a España da man de SON Estrela Galicia para presentar en directo os seus traballos máis recentes en tres concertos nos que poder comprobar a intensidade e a conexión inmediata que definen ao dúo en vivo.

+ posts