InicioMedioambiente e PatrimonioDeclaran extinguido o incendio de Castro de Rei que afectou a 27,5...

Declaran extinguido o incendio de Castro de Rei que afectou a 27,5 hectáreas

Mentres, permanece controlado o incendio de Palas de Rei, cunhas 125 hectáreas arrasadas. Este lume comezou ás 16,21 do venres e 24 horas despois, sobre as 16,35 deste sábado foi controlado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal que afectaba o municipio de Castro de Rei desde este venres e que finalmente calcinou unha superficie de 27,5 hectáreas.

O lume quedou extinguido ás 22,55 horas deste sábado tras iniciarse pouco antes das 16,00 horas do venres en dúas naves industriais –una delas, de labras de madeira, ardeu por completo– situadas na parroquia de Santa Locaia, e saltar ao monte.

Segundo as estimacións da Xunta, este incendio calcinou un total de 27,5 hectáreas, das cales 25 corresponden a arboledo e 2,5 a raso.

Para a súa extinción foron mobilizados tres técnicos, oito axentes, 21 brigadas, 15 motobombas, tres helicópteros e dous avións.

Mentres, permanece controlado o incendio de Palas de Rei, cunhas 125 hectáreas arrasadas na parroquia de Orosa, preto de Melide. Este lume comezou ás 16,21 do venres e 24 horas despois, sobre as 16,35 deste sábado foi controlado.

Ata o momento, segundo informa a Consellería, mobilizáronse para a súa extinción tres técnicos, 23 axentes, 23 brigadas, 18 motobombas, tres pas, catro avións e cinco helicópteros.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...