Evacuado un operario ferido ao caer dunha escaleira en Vilalba

Urxencias Sanitarias-061 informaba o servizo de emerxencias de que partía cara ao punto do suceso o helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar a un home que se caeu dunha escaleira.

Helicóptero medicalizado do 061 | ALX

Un operario tivo que ser evacuado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo tras haber resultado ferido ao caer unha escaleira en Vilalba.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pouco antes da 13,00 do mediodía deste sábado no lugar de Cabanamille, na parroquia de Belesar.

Sobre esa hora, Urxencias Sanitarias-061 informaba o servizo de emerxencias de que partía cara ao punto do suceso o helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar a un home que se caeu dunha escaleira.

Con estes datos, o 112 puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil.

Tras a aterraxe, a aeronave trasladou ao ferido ata o centro hospitalario lucense.