InicioCulturaParticipa nestes "roteiros" para coñecer os potenciais da artesanía lucense

Participa nestes “roteiros” para coñecer os potenciais da artesanía lucense

O 5 de xullo abre o prazo para inscribirese e formar parte destas visitas, que se celebrarán nos meses de xullo, agosto e setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) bota a andar o programa ‘Lugo é Artesanía’, unhas visitas guiadas ata unha vintena de obradoiros situados nas distintas comarcas lucenses durante os meses de xullo, agosto e setembro. Estas actividades ofrécense en dous formatos diferentes: por unha banda, propóñense unhas ‘Xornadas Viaxeiras’ para asistir a diferentes obradoiros e “afondar na relación que cada oficio garda coas características físicas do territorio, o seu patrimonio cultural e etnográfico”; e por outra banda, preséntase o ‘Experimenta Artesanía’, que procura “profundar nas técnicas e nos proxectos profesionais de cada persoa artesá”. Estas visitas desenvolveranse ao longo de Mondoñedo, Ribeira Sacra e Sarria, Lugo, A Mariña ou Riotorto.

Dende a Deputación de Lugo explican que esta é “unha iniciativa pensada para que as persoas participantes coñezan os obradoiros como espazos de traballo e de creación de obxectos únicos, pero tamén para poñer en valor, a través deles, os elementos culturais,
patrimoniais e naturais de cada comarca”. O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, tamén indicou que confían en que “esta primeira edición do programa poida servir como punto de partida para a creación dunha rede de talleres visitables, que contribúa a mellorar as condicións económicas e de competitividade da artesanía e sirva tamén de base para ampliar o recoñecemento da artesanía en Galicia e fóra”.

Este proxecto enmárcanse dentro dun traballo de máis longo percorrido que o Centrad vén desenvolvendo nos últimos meses para a promoción da artesanía como recurso cultural e como actividade económica, “sostible, pegada á terra e xeradora de oportunidades para a fixación de poboación no rural”.

As actividades estarán guiadas por Guido Álvarez e realizaranse en grupos reducidos, cun número de prazas establecido en función do espazo do que dispón cada obradoiro e a observación significativa da actividade que se desenvolve neles. As persoas interesadas en participar nas visitas deben inscribirse previamente a través do enderezo electrónico
info.centrad@deputacionlugo.org ou no teléfono 982210066. O prazo ábrese o luns, 5 de xullo, ás 9.00 horas. As solicitudes atenderanse por orde de inscrición ata completar a capacidade.

Este é o percorrido deseñado para ambos os dous formatos:

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...