Home Lugo e contorna Lugo Falece un lucense de 30 anos tras atropelar un xabaril e chocar contra un muro en Rodeiro

Falece un lucense de 30 anos tras atropelar un xabaril e chocar contra un muro en Rodeiro

0
Falece un lucense de 30 anos tras atropelar un xabaril e chocar contra un muro en Rodeiro
Axentes da Garda Civil de Tráfico | DLCM Arquivo

Un home de 30 anos de idade e veciño de Lugo faleceu na noite deste luns nun accidente de tráfico rexistrado tras saírse da vía despois de atropelar un xabaril e chocar contra o muro dun alpendre en Rodeiro (Pontevedra).

Segundo os datos facilitados pola Garda Civil de Tráfico a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 23:45 horas deste luns no quilómetro 17,100 da estrada PO-533 ao seu paso polo Alto do Faro, dirección Lalín, no termo municipal de Rodeiro.

O vehículo no que circulaba o mozo saíuse da vía tras atropelar a un xabaril e acabou chocando contra o muro dun alpendre, construción que rematou por caerlle enriba, tal como indicaron as mesmas fontes.

Ata o lugar dos feitos acudiron unha ambulancia asistencial de soporte vital básico e efectivos do PAC de Lalín para atender dous pacientes. O home de 30 anos, A.L.F.,  foi excarcerado do vehículo polos Bombeiros do Deza pero, a pesar dos esforzos, faleceu no punto. Pola súa banda, outro varón, de 54 anos e con iniciais P.L.A., foi trasladado ao Punto de Atención Continuada de Lalín.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here