InicioLugo e contornaLugoCinco detidos no San Froilán

Cinco detidos no San Froilán

A Policía Nacional tamén reintegrou un menor fuxido dun centro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo cinco persoas e reintegrou a un menor fuxido dun centro no marco do dispositivo habilitado con motivo das Festas de San Froilán en Lugo.

Segundo informou a Policía Nacional, estableceu un dispositivo durante as pasadas festas nas que interviñeron, ademais das Brigadas de Seguridade Cidadá (GAC e GOR), Policía Xudicial e Estranxeiría, dúas dotacións da Unidade de Prevención e Reacción da Coruña e Ourense, respectivamente.

Tamén a Xefatura Superior de Policía de Galicia reforzou o servizo con dotacións da Brigada Móbil e a Policía Autonómica, ademais, participou neste “amplo dispositivo”, valorou a Policía.

Durante as festas realizáronse sete actas de drogas, tanto por posesión como por consumo na vía pública, tamén se interviñeron seis armas brancas, coa correspondente proposta para sanción segundo o establecido na Lei de Seguridade Cidadá, ao que se suman outras tres actas por recuperación de efectos e falta de consideración aos funcionarios da Policía.

En canto aos detidos, a Policía detallou que se efectuaron cinco arrestos no recinto feiral, tres por reclamacións xudiciais ou requisitorias e outros dous por infracción penal, á vez que se reingreou un menor que estaba fuxido do centro de acollida.

Por último, en canto aos servizos humanitarios realizáronse 12 intervencións humanitarias, na súa gran maioría asistencias por caídas ou polo consumo de alcol en exceso, destacou a Policía Nacional.

Ademais, coa colaboración cidadá a Policía puido identificar dúas persoas, homes de mediana idade, que causaban desfeitas no mobiliario urbano, así como nas zonas verdes do parque de Rosalía de Castro.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...