InicioPOLITICAO PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

Antonio Ameijide sostén que os socialistas seguen “protexendo” o alcalde de Monforte tras as declaracións de catro mulleres no marco da causa aberta por presunto acoso sexual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir amparando” e “defendendo” a José Tomé, agora “en sede xudicial”, despois das declaracións realizadas este martes por catro mulleres no marco da causa aberta contra o aínda alcalde de Monforte por presunto acoso sexual. “Todo apunta a que cada vez hai máis indicios de que Tomé tivo, supostamente, unha actuación máis ca cuestionable, malia que no PSOE o seguen defendendo”, sosteñen os populares nun comunicado.

Ameijide valorou deste xeito a xornada de declaracións celebrada nos xulgados lucenses e criticou que os socialistas manteñan a Tomé tanto como alcalde de Monforte como deputado provincial. “Non lles queda máis remedio que mantelo se non queren perder o goberno da Deputación de Lugo”, afirmou.

O voceiro provincial lembrou, ademais, que o PP puxo enriba da mesa a posibilidade de apoiar outro candidato do PSOE para asumir a Alcaldía de Monforte, unha opción que, segundo critica, os socialistas non aceptaron. “Pero non a aceptan porque seguen protexendo unha persoa investigada pola xustiza”, sostivo Ameijide.

O dirixente popular elevou finalmente as súas críticas ao apoio que, ao seu xuízo, continúa recibindo Tomé por parte dos socialistas lucenses. “Tal é o nivel de amparo e protección que o PSOE lucense lle dá a José Tomé que non teño ningunha dúbida de que o vindeiro ano concorrerá ás eleccións municipais encabezando a lista do Partido Socialista”, sentenciou Ameijide.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...