InicioSociedadeCae o número de novos casos confirmados nas últimas 24 horas en...

Cae o número de novos casos confirmados nas últimas 24 horas en Lugo

Aumenta a presión hospitalaria, con 27 pacientes en planta e catro na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo segue en descenso. Segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este xoves 10 de decembro, Lugo rexistra 591 positivos, 15 menos ca os contabilizados onte. Ao tempo, tamén diminúen notablemente os novos casos confirmados a través de PCR nas últimas 24 horas, que se sitúan en 16 fronte aos 31 do mércores.

Non obstante, os hospitais da provincia acollen 31 pacientes ingresados con Covid, un máis ca onte. O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 19 persoas en planta e catro na UCI (+1), o da Mariña, catro (+2); e o de Monforte, outros catro.

Por outra banda, na última xornada documentáronse 35 altas, polo que a cifra de persoas curadas pasa a ser de 5.823 dende o inicio da pandemia. Asemade, fixéronse 109.134 probas PCR, das cales 866 se realizaron onte.

Finalmente, o histórico da provincia revela un balance de 137 vítimas mortais da pandemia. O pasado mércores o Sergas non notificou ningún falecemento na área de Lugo.

ÚLTIMAS

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...