InicioSociedadeSoben as hospitalizacións e os novos casos de coronavirus na área de...

Soben as hospitalizacións e os novos casos de coronavirus na área de Lugo

Hai 30 pacientes ingresados (cinco máis ca no anterior reconto do Sergas). Tres deles permanecen na UCI do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aínda que o total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo segue en descenso, este mércores 9 de decembro rexístrase unha repunta nas hospitalizacións e nos novos positivos detectados. Así, segundo o reconto do Sergas, hai 606 pacientes con infección activa (18 menos ca os contabilizados onte), pero confirmáronse 31 casos novos a través de PCR nas últimas 24 horas (onte foran 16).

Así mesmo, tamén aumentou a presión asistencial,  ao constar 30 hospitalizacións (cinco máis). En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende tres pacientes na UCI (+1) e 21 en planta; o da Mariña, dous; e o de Monforte, catro.

No histórico da provincia, contabilízanse 137 vítimas mortais da pandemia. A última foi un nonaxenario da residencia de Vilalba que faleceu no HULA.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.788 pacientes (déronse 47 altas dende a anterior actualización de datos) e fixéronse 108.268 PCR.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...