InicioSociedadeA presión hospitalaria continúa á baixa, igual ca os contaxios e os...

A presión hospitalaria continúa á baixa, igual ca os contaxios e os casos activos

Nas últimas 24 horas confirmáronse 31 novos positivos e o total de pacientes con infección activa sitúase nos 885. Deles, 30 están ingresados en planta e outros dous na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segue baixando o total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo: son 885, 26 menos ca os contabilizados onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este xoves 2 de decembro. Tamén descenden os casos diarios, ao confirmarse 31 novos positivos por PCR nas últimas 24 horas.

Así mesmo, a presión asistencial tamén segue coa súa tendencia á baixa, ao constar 30 hospitalizacións (dúas menos ca onte). En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende dous pacientes na UCI (=) e 21 en planta (-1); o da Mariña, tres (-1); e o de Monforte, outros tres (-1). Non obstante, o Sergas notifica hoxe un paciente positivo no hospital Privado Polusa.

No histórico da provincia, contabilízanse 126 vítimas mortais da pandemia. O último foi un home de 79 anos que faleceu no HULA, segundo comunicaba onte Sanidade.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.339 pacientes (déronse 58 dende a anterior actualización de datos) e fixéronse 105.040 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 573 probas, case 150 menos ca un día antes.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, vólvese experimentar unha suba dos contaxios (350 casos diagnosticados nas últimas 24 horas). Os casos activos, porén, continúan á baixa e sitúanse nos 7.419 (118 menos ca o mércores). Segundo o parte do Sergas, tamén mingua a presión nos hospitais, con 349 pacientes en planta (quince menos) e 65 ingresadas nas UCI (dúas menos).

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...