InicioSociedadeA área de Lugo pasa de 41 a 32 hospitalizacións por Covid...

A área de Lugo pasa de 41 a 32 hospitalizacións por Covid nun día

Os casos activos seguen á baixa e nas últimas 24 horas confirmáronse 37 novos positivos a través de PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus continúa en descenso na área sanitaria de Lugo: son 911, 24 menos ca os contabilizados onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este mércores 2 de decembro. Por outra parte, os casos diarios mantéñense practicamente invariables respecto dos do día anterior: nas últimas 24 horas confirmáronse 38 novos positivos por PCR.

O dato máis significativo da xornada vén da man das hospitalizacións, que pasan das 41 de onte ás 32 de hoxe (nove menos). En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende dous pacientes na UCI (-1) e 22 en planta (-6); o da Mariña, catro (-2); e o de Monforte, outros catro (=).

Non obstante, nesa baixada de persoas ingresadas hai que ter en conta os dous falecementos que tiveron lugar onte no HULA, segundo comunicou o Sergas. A morte de dúas usuarias das residencias de Guntín e Vilalba eleva as vítimas mortais da pandemia en Lugo ata as 125.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.281 pacientes (déronse 62 dende a anterior actualización de datos) e fixéronse 104.467 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 719 probas.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...