InicioSociedadeA área de Lugo comeza decembro con 41 hospitalizados, tres deles na...

A área de Lugo comeza decembro con 41 hospitalizados, tres deles na UCI

O número de persoas ingresadas baixou lixeiramente dende onte, así como a cifra total de casos activos. Nas últimas 24 horas detectáronse 38 novos positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus segue en descenso na área sanitaria de Lugo: son 935, 16 menos ca os contabilizados onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este martes 1 de decembro. En canto aos casos diarios, volven aumentar e pasan dos 24 notificados onte aos 38 novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.

Asemade, baixa moi lixeiramente a presión asistencial trala suba de onte. O Sergas informa hoxe de 41 hospitalizados (tres menos). En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende tres pacientes na UCI (-1) e 28 en planta (-2); o da Mariña conta seis (-1); e o de Monforte, 4 (+1).

Respecto dos falecementos, Lugo xa alcanza as 123 vítimas mortais dende o inicio da pandemia, ao entrar no cómputo oficial dúas persoas usuarias da residencia de San Cibrao que finaron no Hospital da Mariña.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.219 pacientes (déronse 56 dende a anterior actualización de datos) e fixéronse 103.748 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 646 probas.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...