InicioSociedadeAumenta a presión asistencial no HULA malia a baixada xeral de casos

Aumenta a presión asistencial no HULA malia a baixada xeral de casos

A área sanitaria rexistra 951 pacientes con infección activa. Nas últimas 24 horas detectáronse 24 positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 30 de novembro un descenso no total de casos activos por coronavirus: son 951, 16 menos ca os contabilizados onte. Segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), tamén minguan os casos diarios: nas últimas 24 horas confirmáronse 24 novos positivos a través de PCR.

Con todo, esta baixada nos casos non se traduce nunha menor presión asistencial, senón que a cifra de ingresos pasou dos 39 de onte aos 44 deste luns. O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende catro pacientes na UCI (sen variacións) e 30 en planta (+5); o da Mariña conta sete (=); e o de Monforte, 3 (=).

Ademais, no día de onte o Sergas notificou o falecemento dunha nonaxenaria usuaria da residencia de Vilalba que permanecía ingresada no HULA con coronavirus. Desta maneira, xa son 122 as vítimas mortais na área sanitaria de Lugo dende o inicio da pandemia.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.163 pacientes e fixéronse 103.102 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 718 probas.

GALICIA

Sanidade informa de 238 novos casos confirmados en 24 horas a través de PCR  na comunidade galega, o número máis baixo dende mediados de outubro. Non obstante, tamén medran as hospitalizacións: das 469 de onte ás 484 de hoxe, aínda que hai tres pacientes menos que requiren coidados intensivos (78).

Galicia xa lamenta o pasamento de 1.205 persoas por mor do coronavirus trala notificación doutras doce novas vítimas no día de onte.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...