InicioCulturaUnanimidade no Congreso para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial...

Unanimidade no Congreso para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da UNESCO

 A declaración institucional proposta polos populares destaca á Ribeira Sacra como un enclave natural que "ilustra a xénese e evolución dun territorio esculpido pola auga e paradigma dunha cultura hídrica", así como a súa historia vinculada a antiga tradición eremítica e monástica. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado lucense e portavoz de Industria e Turismo do Grupo Popular no Congreso, Francisco Conde, celebra a unanimidade acadada na Comisión de Industria e Turismo do Congreso para apoiar a declaración institucional proposta polo PPdeG para impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO. 

 “Trátase dunha iniciativa para proxectar un dos patrimonios culturais e paisaxísticos máis relevantes do país”, reivindica Conde, que pon en valor o esforzo de todos os grupos no Congreso para reafirmar a candidatura “Ribeira Sacra: Paisaxe da Auga’ a Patrimonio Mundial. 

 

PATRIMONIO HIDRÁULICO E CULTURAL

 A declaración institucional proposta polos populares destaca á Ribeira Sacra como un enclave natural que “ilustra a xénese e evolución dun territorio esculpido pola auga e paradigma dunha cultura hídrica”, así como a súa historia vinculada a antiga tradición eremítica e monástica. 

 Tamén se fai referencia aos seus principais atributos, entre os que sobresaen o capital biocultural, as formas ancestrais de ocupar o territorio, os sistemas tradicionais de cultivo, o denso e variado patrimonio hidráulico ou os canóns e vales fluviais que sustentan a paisaxe. 

 O deputado popular tamén subliña o “forte compromiso institucional” coa Ribeira Sacra e coa candidatura, polo que esta declaración institucional se converte nun paso máis de cara ao obxectivo final na UNESCO.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...