Home Lugo e contorna Lugo Accións informativas do Concello de Lugo sobre as Zonas de Baixas Emisións

Accións informativas do Concello de Lugo sobre as Zonas de Baixas Emisións

0
Accións informativas do Concello de Lugo sobre as Zonas de Baixas Emisións
Pleno do Concello de Lugo presidido por Elena Candia.
O Concello de Lugo, a través da oficina Europe Direct Lugo, cofinanciada pola Comisión Europea, inicia as accións para informar á cidadanía sobre o funcionamento da Zona de Baixas Emisións (ZBE) cunha actividade aberta e gratuíta na praza de Santo Domingo. Será este venres, 16 de outubro, ás 18.30 horas, cun tardeo de humor protagonizado polo cómico galego Miguel Bruneti.
A ZBE entrou en vigor en Lugo o pasado 17 de setembro e conta cun período de adaptación de doce meses, ata o 18 de setembro de 2027, durante o que non se imporán sancións. Este prazo permite que a veciñanza se familiarice co funcionamento da ordenanza, que reorganiza o tráfico no ámbito do casco histórico.
Miguel Bruneti, gañador de varios concursos de monólogos e cofundador de Disfrutona Comedy Club, ofrecerá un espectáculo baseado en situacións cotiás e referencias á maneira de moverse e vivir a cidade.
A actividade completarase cun punto informativo de Europe Direct Lugo, no que as persoas asistentes poderán coñecer mellor a ZBE, a mobilidade sostible e a contribución dos fondos europeos Next Generation EU á transformación urbana. Tamén poderán cubrir voluntariamente un breve cuestionario para compartir a súa opinión e achegar propostas sobre os usos dos espazos públicos recuperados.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here