InicioSociedadeNingún dos usuarios contaxiados na residencia de Vilalba está grave

Ningún dos usuarios contaxiados na residencia de Vilalba está grave

A alcaldesa, Elba Veleiro, confirmou que xa son 27 os anciáns derivados á residencia integrada de Santiago de Compostela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, confirmou que “algún” dos 117 usuarios da residencia afectados por coronavirus presenta, efectivamente, “sintomatoloxía” asociada á covid-19. Con todo, precisou que “ningún deles está grave” nin tivo que ser hospitalizado.

Iso si, outros catro usuarios foron derivados ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi), en Santiago de Compostela, de modo que xa son 27 os anciáns trasladados a estas instalacións dende o asilo de Vilalba, intervido pola Xunta de Galicia.

En canto á situación no municipio, sometido a restricións especiais desde o pasado venres, a alcaldesa considera que a evolución está a ser “razoablemente boa” co concello pechado perimetralmente e a hostalería clausurada de forma temporal.

De feito, a pesar do gran número de PCR realizadas nos últimos días, onte pola tarde había 190 casos activos, de modo que non se produciu un incremento da incidencia do virus no municipio. Aínda así, chama á “prudencia, porque a situación pode cambiar en calquera momento.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...