InicioSociedadeMenos hospitalizados en Lugo, pero máis contaxios

Menos hospitalizados en Lugo, pero máis contaxios

A área sanitaria conta 119 vítimas mortais pola pandemia tras o falecemento dunha muller de 85 anos en Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo baixou ata os 1.085 este mércores, 17 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Porén, volve medrar o ritmo de contaxios logo do descenso rexistrado o mércores: nas últimas 24 horas confirmáronse 48 novos positivos a través de PCR.

Do total de contaxiados, hai 38 que permanecen nos hospitais (onte eran 43). En concreto, o HULA atende 20 persoas con coronavirus en planta e sete na Unidade de Coidados Intensivos (-1); o Hospital da Mariña conta seis persoas ingresadas e o de Monforte, 5.

Precisamente no hospital de Monforte faleceu onte unha muller de 85 anos que procedía dunha residencia de maiores. Ela é a vítima número 119 da pandemia na área sanitaria de Lugo.

Por outra banda, ata o momento curáronse 4.872 pacientes e fixéronse 100.060 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 673 probas.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, descende o ritmo de novos contaxios confirmados (441), así como a presión asistencial, con 513 ingresados. Os casos activos sitúanse nos 8.579, 59 menos.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...