InicioSociedadeAumenta a presión na Uci do HULA, que xa atende oito pacientes...

Aumenta a presión na Uci do HULA, que xa atende oito pacientes con Covid

Diminúen os casos activos e os novos positivos confirmados nas últimas 24 horas na área de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo baixou ata os 1.102 este mércores, seis menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ao tempo, tamén se reduce o número de contaxios logo da subida rexistrada o martes: nas últimas 24 horas confirmáronse 37 novos positivos a través de PCR.

Se ben diminuíu a cifra de persoas hospitalizadas, que pasou de 47 a 43, o certo é que a Uci do HULA segue recibindo cada vez máis pacientes. Agora mesmo, o HULA atende 20 persoas con coronavirus en planta e oito na Unidade de Coidados Intensivos. O Hospital da Mariña conta oito persoas ingresadas e o de Monforte, 7.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 118 falecementos. O último deles, notificado no serán de onte por Sanidade, correspóndese co dunha nonaxenaria que faleceu no HULA, procedente da residencia San Salvador (Guntín).

Ademais, ata o momento curáronse 4.804 pacientes e fixéronse 99.387 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 613 probas (case cen menos ca o día anterior). Sanidade tamén ofrece datos sobre o índice de positividade por áreas: en Lugo, 6’9 de cada 100 PCR son positivas (sobe un punto).

GALICIA

No conxunto da comunidade galega Sanidade informa dunha repunta de contaxios, 521, case a metade en Vigo. Galicia volve así á tendencia á alza, que tamén propicia un aumento nos casos activos: 8.638 (21 máis ca no anterior reconto).

Mellora a cifra de hospitalizados ao situarse nos 434 pacientes, 22 menos ca o martes, pero aumenta lixeiramente o total de persoas atendidas nas unidades de críticos (97).

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...