InicioSociedadeA situación non mellora na área de Lugo: máis contaxios e máis...

A situación non mellora na área de Lugo: máis contaxios e máis positivos activos

Medra de xeito notable a presión asistencial no Hospital da Mariña, aínda que no conxunto da provincia hai unha persoa ingresada menos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo sobe ata os 1.108once máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ao tempo, volve aumentar tamén o número de contaxios: nas últimas 24 horas confirmáronse 60 novos positivos a través de PCR, fronte aos 38 detectados na xornada de onte.

Do total de contaxiados, 47 persoas permanecen hospitalizadas (unha menos), cun importante incremento da presión asistencial no Hospital da Costa. En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 22 pacientes en planta e sete na UCI; o da Mariña coida de 11; e o de Monforte, de 7.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 117 falecementos relacionados coa pandemia. No día de onte Sanidade non notificou ningún deceso na área lucense. Ademais, ata o momento curáronse 4.763 pacientes e fixéronse 98.774 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 723 probas.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, pode percibirse certa estabilización no ritmo de contaxios confirmados, que hoxe son 327 (catro máis ca onte). As áreas sanitarias que rexistraron repuntas son as de Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, pero a de Pontevedra mantense á cabeza co maior número de novas infeccións. Así mesmo, os datos de Sanidade reflicten que hai 8.617 casos activos (52 menos).

En canto aos ingresos, redúcense en sete: hai 552 persoas hospitalizadas, das cales 96 permanecen na UCI.

Porén, continúan á alza as vítimas mortais diagnosticadas de Covid-19, que este martes se sitúan en 1.161 logo de notificarse o luns 15 novos falecementos. Sete dos finados eran usuarios de residencias de maiores.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...