InicioSociedadeBaixan a 166 os casos activos en Lugo e mingua tamén a...

Baixan a 166 os casos activos en Lugo e mingua tamén a presión hospitalaria

Só dúas persoas con positivo en coronavirus permanecen hospitalizadas en planta. Outras cinco están nas Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 6 de maio un total de 166 casos activos, trece menos ca onte, cando o Sergas contabilizaba 179. Ademais, mingua a presión hospitalaria na provincia, con só sete persoas ingresadas en planta ou nas Unidades de Coidados Intensivos.

En concreto, o número de persoas hospitalizadas pasa de cinco a só dúas: unha no Hospital Público da Mariña e outra no HULA. Mentres, os pacientes nas UCI mantéñense en cinco, todos eles no HULA. Na Mariña continúan dous, pero Sanidade informa de que xa deron negativo nas probas de COVID-19.

Por outra banda, 159 positivos permanecen no seu domicilio, dez menos ca onte, e o Sergas suma 25 altas máis dende onte, de maneira que xa ascenden a 691.

GALICIA​

Respecto do conxunto da comunidade galega, Sanidade informa de 2.808 positivos activos (-11), con 6.802 recuperacións (+241). Os falecementos soben ata os 582.
 

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...