InicioSociedadeO Sergas contabiliza 44 casos activos menos na provincia de Lugo

O Sergas contabiliza 44 casos activos menos na provincia de Lugo

Co novo protocolo de datos oficiais, en tan só unha semana pasouse de 675 positivos ata os 179 deste martes 5 de maio. Onte eran 223. A presión hospitalaria segue á baixa, con cinco pacientes nas UCI e outros cinco en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa dun total de 179 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, 44 menos ca no día de onte, cando había 223. Este descenso brusco vén acompañado do incremento nas “curacións”: o Sergas contabiliza 50 novas altas epidemiolóxicas nas últimas 24 horas, de acordo ao novo protocolo implantado a semana pasada para o reconto de positivos.

A presión hospitalaria segue estable na provincia de Lugo, con cinco persoas nas Unidades de Coidados Intensivos (dous na UCI da Mariña e tres na do HULA); e cinco hospitalizacións en planta (un paciente menos ca onte; dos cales tres están a ser atendidos no Hospital Virxe dos Ollos Grandes, un no da Mariña e outro no HULA).

Á parte, cóntanse 169 positivos baixo atención hospitalaria a domicilio, unha cifra que minguou en 43 persoas dende onte. Segundo o novo protocolo, considéranse recuperados aqueles pacientes que deran negativo nunha nova proba PCR ou ben que, logo dun tempo, non presenten síntomas da doenza. Desta maneira, en menos dunha semana pasouse de 675 positivos —o martes 28 de abril— aos 179 de hoxe.

Por outra banda, mantense invariable o número de vítimas mortais da pandemia, con 26 falecementos na provincia.

GALICIA

Sanidade informa, á súa vez, de 2.819 positivos activos no conxunto da comunidade galega (-237), con 327 novas altas. Así, o número de persoas recuperadas de coronavirus ascendería ata as 6.561. Mentres, soben os falecementos, cun total de 576 vítimas mortais en Galicia. 

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...