InicioSociedadeEstabilidade no número de positivos activos na provincia de Lugo

Estabilidade no número de positivos activos na provincia de Lugo

Sanidade informa de 223 casos, un máis ca onte. Cinco pacientes permanecen nas UCI e outros seis están hospitalizados en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 4 de maio un total de 223 casos activos por coronavirus, un máis ca onte, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade. Mantense estable a presión nos hospitais da provincia, con cinco doentes nas Unidades de Coidados Intensivos e outros seis hospitalizados en planta.

A UCI da Mariña atende dous pacientes, mentres que outros tres están na do HULA. Respecto dos ingresos en planta, o Hospital dos Ollos Grandes acolle tres enfermos, o HULA só un e o hospital mariñao volve contabilizar un positivo, logo de varios días sen ningunha hospitalización deste tipo. O de Monforte é o único centro público da provincia que segue libre de COVID-19.

Por outra banda, Sanidade informa de 212 positivos que reciben atención no seu domicilio, un máis ca na xornada de onte. As “curacións” ascenden ata as 616, de acordo ao novo protocolo seguido para a contabilización de altas. Á súa vez, a pandemia deixou 26 vítimas mortais na provincia, cifra que non varía dende hai case dúas semanas.

GALICIA

Os datos para o conxunto da comunidade galega, segundo a Consellería de Sanidade, revelan un total de 3.056 casos activos, con 6.234 persoas curadas e 569 falecidos. As dúas últimas mortes producíronse en residencias de maiores (A Coruña e Ourense).  O número de PCR realizadas é de 104.990.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...