InicioSociedadeOs casos activos na provincia repuntan ata os 627, trece máis ca...

Os casos activos na provincia repuntan ata os 627, trece máis ca o día anterior

Galicia presenta un aumento de 103 positivos sobre o rexistro de onte e rózanse as 500 mortes pola pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade contabiliza 627 casos activos por coronavirus na provincia de Lugo; é dicir, trece máis ca onte, cando había 614. Mantense o número de pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos e redúcese lixeiramente a cifra de hospitalizacións en planta.

Así, sete persoas permanecen na Uci (2 na do Hospital Público da Mariña e 5 na do HULA), mentres que 26 doentes están a ser atendidos en planta (-2 respecto de onte, mércores).  Aumenta, iso si, o total de persoas que reciben atención hospitalaria a domicilio: 594, quince máis.

Por agora, o Hospital de Monforte é o único que non ten ningún paciente de COVID-19 nas súas instalacións.

Non se rexistraron falecementos na provincia durante as últimas horas, polo que se mantén o total de 26 persoas finadas pola pandemia en Lugo. En canto ás altas tramitadas, ascenden ata as 126 (+1).

GALICIA

Para o conxunto da comunidade galega, a Consellería de Sanidade informa dun incremento de 103 positivos sobre a cifra total. Agora rexístranse 6.637 casos activos, con 1.676 altas de pacientes e 492 falecementos. Velaí a información por áreas sanitarias, reflectida nunha gráfica elaborada polo Xornal de Vigo:

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...