InicioSociedadeOs positivos soben ata os 614 en Lugo, aínda que con menos...

Os positivos soben ata os 614 en Lugo, aínda que con menos presión nas Uci

Os falecementos sitúanse nos 26 e as recuperacións ascenden ata as 125. Hoxe recibiu a alta unha muller de 101 anos, a máis maior entre as que superaron a COVID-19 en Lugo. En Galicia, hai 225 casos activos máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A última actualización de datos da Consellería de Sanidade amosa un total de 614 casos activos por coronavirus na provincia de Lugo, catro máis ca onte, cando se rexistraban 610. Daquela, continúa a tendencia que se viu nos últimos días dun incremento lixeiro e sostido no número de positivos.

Con todo, baixa a carga nas Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais lucenses, que agora só teñen sete pacientes, un menos ca onte. A Uci da Mariña rexistra dúas persoas ingresadas, mentres que as outras cinco permanecen na Uci do HULA en Lugo.

Por outra banda, hai 28 pacientes hospitalizados en planta (+1) e 579 persoas están a ser atendidas nos seus domicilios (+4).

Seguen aumentando tamén as altas tramitadas, con 125 persoas recuperadas na provincia. Esta mesma mañá, o HULA dáballe a alta a unha muller de 101 anos tras superar a COVID-19. O persoal hospitalario fixo soar aplausos e ‘vivas’ emocionados no momento no que saía da habitación esta centenaria, a persoa recuperada de coronavirus con máis idade na provincia de Lugo.

No lado contrario, hai que lamentar 26 falecementos na área sanitaria ata o día de hoxe. O último foi o dunha muller de 75 anos que permanecía na súa casa, con atención hospitalaria a domicilio.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade tamén informa de que a comunidade galega rexistra un total de 6.534 casos activos (+225), con 1.625 altas de pacientes e 475 falecementos.

ÚLTIMAS

Remite o temporal que deixa moita neve, inundacións e estradas cortadas en Lugo

Os efectos do temporal remitiron nas últimas horas en Galicia, cun descenso no volume de precipitacións...

A neve dificulta a circulación en Lugo e os camións non poden circular pola LU-633 en Pedrafita do Cebreiro

A caída de neve dificultou a circulación na provincia de Lugo e, en concreto,...

Desestimada a demanda da irmá dunha muller asasinada por mal funcionamento da Casa da Muller de Lugo

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Lugo desestimou a demanda presentada pola irmá da muller...

O PP de Lugo di que o anuncio da rehabilitación da N-540 dilata tres anos unhas obras que deberían ser urxentes

O PP de Lugo considera insuficiente o anuncio da adxudicación das obras de rehabilitación do firme...