Home A Ulloa Falece unha muller con COVID-19 que tiña atención domiciliaria na área sanitaria de Lugo

Falece unha muller con COVID-19 que tiña atención domiciliaria na área sanitaria de Lugo

0
Falece unha muller con COVID-19 que tiña atención domiciliaria na área sanitaria de Lugo
Proba de COVID19 | ALX

Unha muller de 75 anos diagnosticada de coronavirus faleceu nas últimas horas na área sanitaria de Lugo. A dona permanecía baixo atención hospitalaria a domicilio e presentaba patoloxías previas, segundo fontes da Consellería de Sanidade.

Trátase da primeira persoa na provincia de Lugo que morreu con coronavirus na súa casa, en base aos datos que facilita o Sergas. O resto de falecementos foron rexistrados nos tres hospitais públicos da área sanitaria e nunha residencia de maiores de Foz.

Con este falecemento, a provincia de Lugo xa alcanza as 26 vítimas mortais pola pandemia da COVID-19. Onte, un octoxenario que estaba no HULA e un nonaxenario que ingresou en Monforte foron as dúas últimas persoas finadas.

472 MORTES EN GALICIA

En canto ao conxunto galego, o coronavirus xa levou a vida de 472 persoas na comunidade. Un dos últimos decesos foi o dun home de 35 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here