InicioPolíticaOrozco responsabiliza a De Lara, BNG e Lugonovo da fin da súa...

Orozco responsabiliza a De Lara, BNG e Lugonovo da fin da súa carreira política

Despois dunha nova desimputación, o exalcalde de Lugo carga contra a xuíza que instrúe a Pokémon e acusa a esquerda de condenalo sen respectar a presunción de inocencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Desimputado pola contratación do servizo de grúa no marco da Pokémon, José López Orozco entende que o arquivo parcial é extensible a toda a causa. Para o exalcalde de Lugo, o auto da Audiencia e mailo informe remitido pola Fiscalía “son claros, concisos e contundentes”, e por tanto a peza paralela da ORA seguirá o mesmo camiño cara o sobresemento. Por este motivo, censurou o papel que xogaron a xuíza Pilar de Lara, o BNG e Lugonovo no seu paso atrás tralos comicios de 2015.

Orozco xa fora liberado de responsabilidades penais na Operación Campeón e na peza separada da Fábrica da Luz, un total de seis investigacións. Este feito levou o outrora rexedor a declararse “campión das desimputacións”. Chanzas á parte, amosouse molesto co retraso do proceso xudicial, explicando que descoñece onde está o sumario sobre a concesión da ORA. “Non sabemos se a xuíza enviouno a Madrid ou non. Non o sabemos”.


A instructora da Pokémon, Pilar de Lara, protagonizou parte das críticas lanzadas por Orozco nas redes sociais. O político retirado cuestionou a instrucción, “que non recibe máis que reveses”, alegando inconsistencia nos indicios. E lamentou así mesmo a filtración do sumario, que levou os socios de investidura do Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Lugonovo, a vetar a Orozco. “O triste é que sexan de esquerdas, condenáronme por non escoitarme, e hoxe non son alcalde pola súa condena”.

As críticas contra De Lara chegan asemade dende as filas socialistas. Argelio Fernández Queipo, vicepresidente da Deputación e alcalde da Fonsagrada, esixiu a rendición de contas por parte da xuíza. “Ás veces a xustiza entorpece a vida pública, a vida política, facendo que persoas que poden dar moito á sociedade se vexan apartadas”. O representante provincial afirmou que “o dano xa está feito” e lamentou que “a quen tomou a decisión non se lle van pedir contas”. Queipo asegura que realiza estas declaracións baixo o máximo respecto ás sentencias e órganos xudiciais, mais pedindo que ese mesmo respecto “sexa extensivo a aquelas persoas que prestamos o noso traballo a nivel social”.

Malia a visible satisfacción pola decisión da Audiencia, Orozco terá que afrontar outras tres causas pendentes. Ademais da contratación da ORA, terá que responder pola construcción das Torres do Garañón -asunto para o que pedirá o arquivo a vindeira semana-, e polo nomeamento dun asesor no Concello de Lugo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...