InicioSociedadeA Audiencia arquiva a investigación contra López Orozco pola grúa municipal

A Audiencia arquiva a investigación contra López Orozco pola grúa municipal

A Audiencia Provincial de Lugo acorda o sobresemento provisional e parcial do exalcalde López Orozco por supostos subornos no marco da Operación Pokémon

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois do escrito favorable da Fiscalía, a Audiencia Provincial de Lugo acordou o sobresemento provisional e arquivo da investigación contra José López Orozco na peza correspondente á grúa municipal. O exalcalde de Lugo estaba sendo inquirido polo suposto cobro de subornos a cambio da concesión do servizo a Cechalva, na que é a principal liña de acción da Operación Pokémon.

A Sección Segunda estimou parcialmente o recurso presentado por López Orozco debido a que “ningún dato, salvo unha manifestación de referencia” indica que recibise contraprestacións polo contrato do guindastre. No auto constátase, segundo a Audiencia, que o outrora rexedor da cidade amurallada non incrementou significativamente o seu patrimonio. Ningún dato avala que os cartos que a empresa adxudicataria supostamente entregaba tivesen a López Orozco como destinatario.

Así, a sala considera que non se puido probar a súa participación no favorecemento da adxudicación. As irregularidades administrativas detectadas na concesión de licenza para o depósito temporal de automóbiles non poden atribuírse ao investigado, que tiña delegadas as atribucións no asunto.

Sobre a recepción dun agasallo por valor de 174 euros, o tribunal invoca a xurisprudencia e considera este aspecto un acto de cortesía. Por último, a Audiencia Provincial descarta o delito de tráfico influencias, pois nas conversas investigadas queda patente que as suxestións son insuficientes, ao tratarse unicamente de peticións de entrevistas que nalgúns casos non prosperaron.

Na peza do servizo de grúa, o informe da Fiscalía Provincial de Lugo apunta ao exconcelleiro Francisco Rodríguez Liñares e ao antigo funcionario municipal Javier Reguera, factótum e persoa supostamente encargada de recoller as comisións ilegais. Así e todo, López Orozco ten pendente a segunda peza da Operación Pokémon, polas irregularidades da concesión da ORA á empresa Doal.

Outra causa aberta obrigaralle a responder pola construcción das Torres de Garañón. Orozco xa fora desimputado na Operación Campeón e na peza separada da Fábrica da Luz. Aliás, foi a investigación da Pokémon a que lle obrigou a renunciar a ser novamente candidato á alcaldía de Lugo, presionado polos socios de investidura. Este feito deixou paso a Lara Méndez, entón vicepresidenta da Deputación.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...