InicioPolíticaA Fiscalía pide a absolución parcial de López Orozco na Pokémon

A Fiscalía pide a absolución parcial de López Orozco na Pokémon

Malia que a decisión corresponde á xuíza Pilar de Lara, que instrúe a causa, a alcaldesa Lara Méndez asegura que Orozco "non tivo responsabilidades penais nin políticas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía Provincial de Lugo solicita a absolución parcial de José Clemente López Orozco no marco da Operación Pokémon. O exalcalde socialista está investigado en dúas pezas do caso que instrúe a xuíza Pilar de Lara, por cohecho e tráfico de influencias. A instrucción dura xa seis anos e foi o motivo polo que tivo que renunciar a ser investido novamente coma rexedor de Lugo.

O escrito do Ministerio Público exime de responsabilidade a López Orozco polo suposto cobro de comisións na peza principal da Pokémon, correspondente ao servizo de grúa municipal concedido a Cechalva. Tamén está incluído noutra peza pola irregularidade da concesión da ORA á empresa Doal.

Así, segundo a Fiscalía, non hai indicios consistentes de que Orozco percibira as comisións ilegais. Así mesmo, constatouse que o patrimonio do exalcalde corresponde á súa vella ocupación e á da súa familia. Por outra banda, o escrito reflicte que non tivo por que participar na elaboración ou coñecer en profundidade as resolucións que asinou, e que se atopan baixo investigación.

O argumento da Fiscalía Provincial de Lugo apunta ao exconcelleiro Francisco Rodríguez Liñares e ao antigo funcionario municipal Javier Reguera, factótum e persoa encargada de recoller as comisións ilegais.

Orozco xa fora desimputado na Operación Campeón e na peza separada da Fábrica da Luz. Porén, aínda terá que responder pola concesión da ORA e pola construcción das Torres de Garañón. Así as cousas, foi a investigación da Pokémon a que lle obrigou a renunciar a ser novamente candidato á alcaldía de Lugo, presionado polos socios de investidura. Este feito deixou paso a Lara Méndez, entón vicepresidenta da Deputación.

Precisamente foi a actual alcaldesa a primeira en saír en defensa de Orozco tras coñecerse o escrito do Ministerio Público. Para Méndez, a posición da Fiscalía “demostra que Orozco non só non tiña responsabilidades penais, senón que tampouco tiña repsonsabilidades políticas”. Para a súa discípula, o paso atrás de Orozco “acentúa a xenerosidade e a altura de miras” de quen fora alcalde durante 16 anos. “A Xustiza, cando chega tarde, é inxusta”, rematou a rexedora. 

ÚLTIMAS

Revés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado por CC.OO. polos pregos do programa ‘Aprende Xogando’

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado por Comisiones...

Lugo, ás portas de ser sede da Axencia Estatal de Saúde Pública: o PPdeG reclama apoios e denuncia o “desprezo” de Sánchez a Galicia

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, avanzou este xoves que os...

A Fundación Rof Codina, condenada a pagar máis de 14.300 euros a unha bolseira que exercía como veterinaria xeralista

O Xulgado do Social número 1 de Lugo condenou á Fundación Rof Codina a...

Sobresalto no CEIP de Monterroso: desaloxan o centro polo fume dunha caldeira

Os alumnos do CEIP de Monterroso, en Lugo, puideron volver ás aulas tras ser...