InicioPolíticaPatricia Otero aclara a polémica con Arias: "Non lle chamei machista porque...

Patricia Otero aclara a polémica con Arias: “Non lle chamei machista porque non creo que o sexa”

A deputada autonómica burelá aclarou que ese cualificativo referíase a unhas declaracións que si que tiñan "tinguiduras machistas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A deputada autonómica Patricia Otero aclarou que en ningún momento lle chamou “machista” ao seu rival pola Secretaría Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, Xosé María Arias. Precisa que utilizou ese cualificativo para referirse a un dos comentarios que fixo o alcalde de Castroverde en relación coa súa candidatura, cando dixo que estaba “ teledirixida”.

En declaracións a EFE, Patricia Otero quixo “resolver” esta polémica e asegurou que as súas palabras simplemente se referían a un comentario que, ao seu xuízo, tiña “tinguiduras machistas” —Arias acusáraa de ser unha candidata “teledirixida”, algo que segundo Otero non diría sobre un home—.  “Non lle chamei machista porque, sinxelamente, non creo que sexa unha persoa machista. Realmente non o creo, porque se non non estaría neste partido”, dixo Otero, quen unha vez máis lembrou que ambos candidatos están “no mesmo barco” e que deste proceso ten que saír un partido “máis forte e cohesionado”.

TRABALLAR “DE XEITO CONXUNTO”

Asegurou que Arias é un “bo” alcalde, que leva moitos anos traballando no Partido Socialista, e a súa intención é “apoiar e apoiar” desde a organización a todos os cargos institucionais, de modo que, superado este proceso, traballará “de xeito conxunto” con el.

O seu obxectivo é que “nas próximas eleccións o Partido Socialista sexa a primeira forza en votos na provincia de Lugo”, pero para iso “hai que centrar todos os esforzos” e deixar de lado “diferencias e discusións”.

AS VOTACIÓNS

O nome do vindeiro secretario ou secretaria xeral do PSdG-Lugo non se saberá ata despois do 20 de xullo, día no que máis de 1.800 militantes deberán votar para elixir entre Arias ou Otero. EFE

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...