InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo nega ter vetado un acto sobre memoria histórica...

O Concello de Lugo nega ter vetado un acto sobre memoria histórica no Vello Cárcere

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo saíu ao paso das manifestacións realizadas nos últimos días en relación coa celebración dun acto sobre memoria histórica no Vello Cárcere. A administración local emitiu unha aclaración institucional para desmentir as interpretacións sobre o caso, cualificando de “improcedente” que se lle atribúa unha suposta negativa ou veto ante unha petición que asegura que é “inexistente”.

Segundo os datos dos rexistros e procedementos administrativos municipais, o único contacto mantido sobre este asunto foi unha consulta verbal realizada á xefa de gabinete da Alcaldía para consultar a posibilidade de usar o inmoble nas datas indicadas. Nesa conversa, informouse aos interesados de que o edificio podería albergar actividades vinculadas ao Arde Lucus. Tras recibir esta información, os propios promotores volveron contactar co Concello nunha segunda chamada telefónica para comunicar que finalmente non precisaban facer uso deste espazo.

O Goberno local subliña que, a partir dese momento, non se recibiu ningunha solicitude formal, nin por escrito nin a través de ningunha das canles establecidas para a reserva e utilización de instalacións municipais.

A administración incide en que, tras a chamada na que os solicitantes declinaron o uso do edificio ao saber que a dispoñibilidade dependía do calendario do Arde Lucus, “non se produciu ningún outro tipo de comunicación, nin formal nin informal, polo que consideran que non se pode vetar unha petición que nunca chegou a tramitarse”.

Deste xeito, o Concello reitera que os rexistros administrativos son os únicos elementos obxectivos que permiten acreditar a existencia ou non de calquera petición, e sinala que “calquera versión distinta deberá sustentarse na correspondente documentación acreditativa”.

Finalmente, a institución local lamenta que se trasladen á opinión pública afirmacións que carecen de respaldo documental e reitera o seu “compromiso coa transparencia, o rigor e o respecto á verdade dos feitos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...