InicioSociedadeRécord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado pechou o segundo prazo de matrícula do curso académico 2025-2026 cun total de 1.245 estudantes. Un crecemento do 12,5 % respecto ao curso anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do curso académico 2025-2026 cun total de 1.245 estudantes, o que supón un récord histórico de alumnado no centro e un crecemento do 12,5% con respecto ao curso pasado.

A cifra representa un incremento do 9,7 % respecto ao primeiro prazo de matrícula, aberto en setembro, cando se rexistraran 1.135 estudantes. O aumento confirma a tendencia positiva do centro lucense, que continúa consolidando o seu crecemento dentro da rede de centros asociados da UNED. No conxunto dos centros analizados, o número total de estudantes matriculados pasou de 24.039 no primeiro prazo a 26.030 no segundo, o que supón un incremento global do 8,3 %.

ALTO INTERESE NOS ÚLTIMOS ANOS

Os datos de evolución da matrícula neste centro da UNED reflicten un crecemento sostido nos últimos anos que fan posible chegar a este dato, o mellor ata o de agora. Comparando coa cifra de 2019, o número de estudantes medrou arredor dun 25 %, o que confirma o fortalecemento progresivo do centro asociado de Lugo.

A UNED en Lugo continúa ofrecendo graos universitarios, mestrados oficiais, cursos de acceso á universidade e programas de formación permanente, unha oferta que permite compatibilizar os estudos coa actividade profesional e persoal e que facilita o acceso á educación superior a estudantes de toda a provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...