InicioSociedadeFriol estrea un proxecto de permutas de terras agrícolas

Friol estrea un proxecto de permutas de terras agrícolas

Esta iniciativa de reorganización da propiedade terá efectos en 45 hectáreas de tres parroquias. Pretende mellorar a superficie agrícola das explotacións beneficiarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol lanza unha iniciativa para a reorganización da propiedade a través das permutas voluntarias co obxectivo de mellorar a superficie agrícola das explotacións. O proxecto piloto definirá as parcelas a trocar e cubrirá unha superficie aproximada de 45 hectáreas nas parroquias de Prado, Xiá e Rocha sen custo algún para os beneficiarios.

O alcalde, José Ángel Santos (PP), explica que este plan busca dar unha maior rendibilidade ás explotacións do municipio, “como xa se fixo no Concello coa subvención de ata o 50% de gastos notariais a aqueles veciños que intercambiaban as súas propiedades, medida que tivo moi boa acollida”.

A ferramenta, posta por primeira vez en marcha en Galicia, permitirá realizar a reorganización de terreos nunha zona nun período aproximado de seis meses, coa modificación da xeometría das parcelas agora existentes e, polo tanto, dos límites, accesos e valados existentes e a súa titularidade.

Trátase de buscar mecanismos, din, para reestruturar a propiedade a nivel local sen ter que esperar a procesos macroeconómicos como as concentracións parcelarias. Este instrumento do Concello de Friol, co apoio da Consellería de Medio Rural e Agader, é similar ao xa implantado en Castroverde.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...