A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12 de novembro ás 10:00 horas da man de José María García Nieto, presidente de Seragro; Fernando Muñoz Guzón, decano da Facultade de Veterinaria de Lugo, e Francisco Cajoto Caserío, deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo.
A primeira xornada contou coas intervencións de Rebeca Morales, Javier Sáez, Mayra Elena Ortiz, Álex Udina, Francisco Morell, Sara Hontoria, Gregorio Salcedo e Adolfo Álvarez. O programa comezaou ás 10:30 horas coa análise dos criterios de benestar animal para avaliar o descanso das vacas e continuou ata as 18:00 horas, momento no que se tivo lugar o habitual encontro gandeiro.
Este venres 13, as sesións retomaranse ás 11:00 horas e combinarán os relatorios técnicos con experiencias prácticas de explotacións galegas e asturianas. A clausura celebrarase ás 18:00 horas co tradicional brinde do leite.
