InicioMedioambiente e PatrimonioO río Rato contará con paneis informativos do ecosistema

O río Rato contará con paneis informativos do ecosistema

A Deputación engaderá once letreiros sobre a fauna e a flora do paseo no Río Rato, onde Equo organiza unha asamblea informativa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación está a renovar os paneis informativos no paseo do río Rato, no que se instalarán un total de once carteis con información sobre a flora e a fauna propios da reserva da biosfera. Dende o executivo provincial comunicaron asemade a inminente fin da instalación da nova iluminación e outras melloras executadas ao pé do paseo, cun importante tráfico. 

O deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, cualificou o paseo do río Rato coma “un dos pulmóns de Lugo, un enclave natural único que permite conectar coa natureza a escasos minutos da cidade da muralla”. As características deste paseo “único” son ideais para pasear e facer deporte, á parte de albergar unha sobresaínte vida natural. 

Este anuncio foi realizado no transcurso da ruta cardiosaudable que tivo lugar no río Rato. A alcaldesa Lara Méndez subliñou a importancia desta clase de actividades, sobre todo “nunha sociedade envellecida, tal e como acontece tanto no Concello de Lugo, onde mais do 20 por cento da poboación é maior de 65 anos”. A rexedora insistiu na aposta do goberno local por impulsar hábitos de vida non sedentarios. 

Xuntanza de Equo


A contorna do río Rato é unha das frontes da formación ecoloxista Equo, que manterá na cafetería do paseo unha asamblea informativa acerca de cuestións de medio ambiente, benestar animal e feminismo. Sectores próximos á organización alertaran do impacto sobre a biosfera da nova iluminación, un sistema redundante que pode afectar aos ciclos vitais deste importante reservorio natural.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...