InicioLugo e contornaLugoO PSOE denuncia que Candia busca "intentar borrar máis dunha década de...

O PSOE denuncia que Candia busca “intentar borrar máis dunha década de avances ambientais en Lugo”

Os socialistas lucenses sinalan que Lugo "é hoxe unha das cidades máis limpas de España", unha realidade que "non nace da improvisación"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz socialista, Miguel Fernández, denunciou hoxe que o denominado “plan intensivo de limpeza” anunciado polo goberno de Elena Candia “non é máis ca unha campaña de propaganda deseñada para intentar desacreditar o traballo realizado durante máis dunha década polos gobernos progresistas en materia de limpeza, sustentabilidade e xestión ambiental”.

Fernández lembrou que Lugo “é hoxe unha das cidades máis limpas de España”, unha realidade que —sinalou— “non nace da improvisación nin dunha campaña de imaxe, senón do esforzo constante, da planificación e do compromiso cunha cidade máis sostible”. Neste sentido, destacou que os recoñecementos obtidos nos últimos anos “avalan de forma obxectiva o traballo realizado”, citando galardóns como a Escoba de Platino recibida este mesmo ano ou as Pajaritas Azules, que distinguen a capacidade de reciclaxe e a correcta xestión dos residuos urbanos.

O dirixente socialista puxo tamén en valor o traballo desenvolvido arredor da implantación do colector marrón, unha iniciativa impulsada durante a súa etapa á fronte da área de Transición Ecolóxica e que, segundo indicou, “sitúa a Lugo na elite nacional e á vangarda de Galicia en materia de compostaxe e tratamento sostible de residuos”. Fernández lembrou ademais que este mesmo ano “a cidade entregou por primeira vez compost á veciñanza, pechando así un ciclo exemplar de reutilización e economía circular”.

“Estamos falando dunha transformación profunda da política ambiental de Lugo, construída con anos de traballo serio e responsable, non de operacións de maquillaxe política”, afirmou o portavoz socialista, quen lamentou que o actual goberno local “prefira alimentar un relato falso antes que recoñecer os avances acadados pola cidade”.

Fernández foi especialmente contundente ao sinalar que “non imos permitir que a señora Candia tire polo retrete máis dunha década de traballo e que, indirectamente, con estes dispositivos fake, intente desprestixiar a nosa xestión e a imaxe de Lugo”. Ao seu xuízo, “é profundamente irresponsable trasladar a idea de que a cidade estaba abandonada cando os datos, os premios e o recoñecemento externo din exactamente o contrario”.

Por último, o portavoz socialista reclamou ao goberno local “menos propaganda e máis respecto institucional cara ao traballo realizado por centos de traballadores municipais e polos anteriores gobernos que fixeron posible que Lugo sexa hoxe un referente ambiental”. Fernández insistiu en que “a limpeza e a sustentabilidade dunha cidade non se constrúen con campañas de márketing, senón con planificación, investimento e compromiso político continuado”.

RENOVACIÓN NO ‘GREGORIO PÉREZ RIVERA’

O responsable de Deportes do grupo municipal socialista, Jorge Bustos,  esixe ao Goberno de Candia que axilice de maneira inmediata a renovación do tartán da pista de atletismo Gregorio Pérez Rivera, co obxectivo de garantir que a instalación estea plenamente operativa antes do inicio da tempada 2026-2027.

Bustos advertiu de que o atraso acumulado nas últimas semanas pon en risco un proxecto estratéxico deixado encamiñado polo anterior Goberno,  e que contaba cunha partida consignada de 650.000 euros e cun proxecto de execución xa finalizado. “O que está a suceder é unha perda de tempo inaceptable. Levamos case tres semanas fundamentais nas que non se avanzou no esencial:  licitar a obra xa para cumprír os prazos que estaban perfectamente planificados”, sinalou.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...