InicioLugo e contornaLugoFalece un home nun accidente de coche en Láncara

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Os profesionais sanitarios confirmaron finalmente o falecemento do home, que tivo que ser excarcerado polos bombeiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do quilómetro 2, en Neira de Cabaleiros, no municipio lucense de Láncara. Segundo informaron do CIAE 112, foi un particular o que alertou do accidente ás 17,20 horas e explicou que a vítima estaba atrapada.

Ao momento desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria e a Garda Civil de Tráfico. Os profesionais sanitarios confirmaron finalmente o falecemento do home, que tivo que ser excarcerado polos bombeiros. Conforme indicaron fontes do operativo, o falecido é veciño de Láncara.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...