InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

Estas declaracións realizounas tras coñecer que o portavoz do PSOE en Cospeito deuse de baixa na partida "por iniciativa propia" tras coñecerse que a Audiencia Provincial reabriu a investigación contra el por unha suposta agresión contra a súa exparella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que considera “unha estratexia de ocultación, desidia e amparo do PSOE” para “tapar investigacións a cargos do propio partido por presuntos delitos de violencia de xénero e acoso sexual”. Amejide sinala que este comportamento por parte do PSOE da provincia de Lugo supón “unha traizón” ás mulleres e “unha mostra de complicidade totalmente inadmisible”.

Estas declaracións realizounas tras coñecer que o portavoz do PSOE en Cospeito deuse de baixa na partida “por iniciativa propia” tras coñecerse que a Audiencia Provincial reabriu a investigación contra el por unha suposta agresión contra a súa exparella. “Unha vez máis, o PSOE lonxe de apartar de inmediato a esta persoa de todo cargo público, optaron polo pasotismo máis absoluto e por mirar para outro lado”, dixo.

“En roldas de prensa, nos plenos ou nos mitins din ser os maiores defensores das mulleres e do feminismo, pero á hora da verdade, cando o presunto agresor ten o carné do PSOE, a prioridade do socialismo é tapar o escándalo e protexer ao presunto acosador antes que á vítima”, agregou. Como argumento de que este “modus operandi” non é “illado” senón “un patrón no socialismo da provincia de Lugo“, citou o caso do expresidente da Deputación e alcalde de Monforte, José Tomei, que “segue como rexedor amparado polo PSOE, a pesar de estar acusado de suposto acoso sexual e estar iniciadas xa as investigacións xudiciais”.

Queda claro que no PSOE de Lugo son incapaces de esixir responsabilidades. En cambio, gardar silencio ante a posible existencia duns feitos moi graves fano moi ben“, sinalou e encadrou esta situación “dentro da degradación ética e a vergoña que tamén define ao Goberno de Pedro Sánchez”. Un Executivo, concluíu, “cercado pola corrupción máis noxenta” e “cuxas supostas ramificacións e complicidades chegan desde A Moncloa, pasando polas viaxes de Zapatero, ata os concellos e institucións da provincia de Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...