InicioSucesosIngresan en prisión o presunto autor dunha malleira a un home a...

Ingresan en prisión o presunto autor dunha malleira a un home a quen deixou inconsciente para roubarlle

A Policía Nacional concluíu coa identificación do presunto autor da brutal agresión: un home que xa fora detido en tres ocasións anteriores por delitos de lesións e roubo con violencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado determinou o ingreso en prisión dun home detido nas últimas horas por axentes de Policía Nacional da Comisaría Provincial de Lugo, como presunto autor dun roubo con violencia.

Segundo informaron fontes policiais, a denuncia produciuse por uns feitos ocorridos na madrugada do pasado 6 de xaneiro (aínda que a vítima denunciou dúas semanas despois, tras recuperarse das lesións sufridas), nun establecemento de lecer da zona de Mariña Española.

A vítima entrou no baño do local, ao mesmo tempo que o sospeitoso, que lle golpeou na cara ata deixalo inconsciente e rouboulle todas as súas pertenzas. Cando os donos do local decatáronse do ocorrido auxiliaron ao home agredido, que foi trasladado a un centro hospitalario con rotura do óso orbital e perigo de perda de visión.

Tras presentar denuncia, a Policía Nacional iniciou unha investigación que concluíu coa identificación do presunto autor da brutal agresión: un home que xa fora detido en tres ocasións anteriores por delitos de lesións e roubo con violencia.

O home foi novamente detido este martes e, tras a súa comparecencia en Comisaría, foi posto a disposición da autoridade xudicial, que determinou o seu ingreso en prisión provisional.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...