InicioSucesosConvocada unha manifestación en Lugo para o 2 de febreiro contra a...

Convocada unha manifestación en Lugo para o 2 de febreiro contra a sentenza do caso de Baleira

Os tres detidos son a irmá maior da vítima, que conseguiu convencer á irmá das relacións sexuais cando tiña 7 ou 8 anos co irmán do seu marido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Feminista de Lugo convocou unha manifestación para o este xoves 2 de febreiro, a partir das 20,00 horas, ante a Audiencia Provincial de Lugo tras a sentenza de abusos sexuais en Baleira no que recolle o pacto alcanzado pola Fiscalía e os condenados por abusos sexuais continuados a unha menor cando tiña entre 7 e 13 anos.

O fallo xudicial transcendeu en días pasados e este luns deuse a coñecer, despois de que a Audiencia Provincial de Lugo asinase a sentenza. Nela, recóllese a redución de condena a tres anos de cárcere polo pacto entre o Ministerio Público e os acusados e alégase “dilacións” non imputables aos procesados, así como resarcimiento á vítima, por pagarlle 50.000 euros de indemnización.

O tres detidos son a irmá maior da vítima, que conseguiu convencer á irmá das relacións sexuais cando tiña 7 ou 8 anos co irmán do seu marido, é dicir, o irmán do cuñado da vítima. Tamén violou á menor o seu propio cuñado (marido da irmá da vítima), que a deixou embarazada (xa estivo embarazada por primeira vez con 11 anos) dun bebé ao que deu a luz con 13 anos e que tivo que dar en adopción.

A portavoz da plataforma, Ana Torrón, animou a toda “a cidadanía” de Lugo a “manifestarse para esixir que haxa cambios dunha vez no sistema xudicial”. “Non pode ser que os axentes xudiciais, avogados ou xuíces non teñan unha formación específica en materia de xénero”, protestou.

A activista lucense invocou a necesidade de que a xustiza “teña máis sensibilidade, que haxa medios para que poidan facer as cousas como hai que facelas neste tipo de situacións”. Segundo consta no fallo xudicial, a irmá da vítima “insistiu até chegar a convencela” de que tivese relacións co seu cuñado.

ÚLTIMAS

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...