InicioCulturaO Caudal Fest supera previsións con máis de 10.500 entradas vendidas

O Caudal Fest supera previsións con máis de 10.500 entradas vendidas

A afluencia estimada obrigou a trasladar todo o festival aos xardíns do Pazo de Feiras, onde hai habilitada unha zona de acampada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta Local de Seguridade afrontou este luns unha proba inédita: a coordinación dos efectivos policiais e sanitarios para o primeiro gran festival urbano de Lugo. A expectación xerada polo Caudal Fest obrigou a modificar varias veces o formato da cita, primeiro habilitando unha zona de descanso e acampada, perante a ocupación hoteleira na contorna; e despois trasladando o primeiro día de concertos –de balde– canda o Miño, ao superarense todas as expectativas de afluencia.

A finais da semana pasada eran xa 10.500 as entradas vendidas para o Caudal Fest. Este volume de seguidores da música en directo obriga á comparecencia de Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Policía Nacional e Garda Civil, que reforzarán os seus dispositivos arredor do xardín do Pazo de Feiras e Congresos. 

O dispositivo contempla unha dotación de bombeiros e tres unidades permanentes da Policía Local nas inmediacións, ademais dos efectivos necesarios para a regulación do tráfico. O plan especial de mobilidade creará cortes puntuais en distinas rúas segundo a presenza de público, con zonas valadas e sinalización.

Así mesmo, no recinto do Caudal Fest estarán presentes dúas ambulancias e instalarase un hospital de campaña. Tamén haberá un posto morado contra a violencia machista, e un punto onde se ofrecerá asesoramento, atención e entrega de información sobre o consumo de alcol e drogas. 

A Policía Nacional e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil intervirán neste operativo con máis de 40 axentes de servizo. Axentes do Instituto Armado estarán nos accesos da cidade de Lugo realizando campañas preventivas.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Falece unha persoa tras saír da vía e dar varias voltas de campá

Unha persoa faleceu este domingo en Lugo tras saírse da vía e dar varias...

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...