InicioCulturaCaudal Fest, o novo gran festival de Lugo a carón do Miño

Caudal Fest, o novo gran festival de Lugo a carón do Miño

Os días 21 e 22 de setembro chega á cidade un espectáculo internacional con Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Novedades Carminha, Depedro, Andrés Suárez ou Mala Rodríguez

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo comeza a saldar a súa débeda histórica coa música en directo. O Caudal Fest achegará á cidade dous días consecutivos de concertos con artistas sobranceiros a nivel internacional, representantes de estilos diversos para un evento de grandes dimensións. A programación inclúe unha primeira xornada no centro histórico e, como novidade, un espazo a carón do Miño para o segundo día.

O cartel inclúe a Vetusta Morla –que non visita a cidade dende 2011–, Mala Rodríguez, e unha nutrida representación galega con Iván Ferreiro –que xa estivo o ano anterior na Praza Horta do Seminario–, Novedades Carminha ou Andrés Suárez. Estes nomes garanten unha actuación do máximo nivel, en liña coa oferta de festivais que non para de medrar en Galicia.

O Caudal Fest está pensado para todo tipo de públicos. O festival desenvolverase ao longo de dúas xornadas, o venres 21 e o sábado 22 de setembro. O primeiro día será de balde, no corazón de Lugo, a Praza de Santa María; os protagonistas do venres aínda están por desvelar. O segundo día será de pago e terá lugar na contorna do Miño, un entorno que dotarase de servizos e converterá o Caudal Fest nun dos festivais urbanos con maior atractivo medioambiental.

A aposta por este espazo aspira a revitalizar a zona verde e fluvial de Lugo, de natureza pura e titularidade pública. Os organizadores aspiran a que a cidade deixe de estar de cóstas ao río e comece a desenrolarse cara o Miño. Será un escenario de grandes dimensións.

O Caudal Fest marcará un fito cultural na cidade, e dende o Concello agardan que supoña un alto retorno económico e mediático co que completar a axenda de actividades que Lugo ofrece ao longo do ano. Neste senso, o festival promoverá a imaxe de Lugo a través do seu patrimonio medioambiental, histórico e cultural. A escasa distancia do escenario atópanse a Ponte Romana e as Termas, conectadas coa cidade a través da Vía Romana XIX, símbolos do legado dos nosos devanceiros.

O cartel engadiu polo de agora os seguintes nomes para o sábado 22 de setembro:

Vetusta Morla
Iván Ferreiro
Mala Rodríguez
Novedades Carminha
Depedro (acústico)
Andrés Suárez (acústico)
Eme Dj

As entradas para a programación de pago poranse á venda o martes 24 de xullo ás 12.00 horas, cun rango de prezos que oscila entre os 25 euros máis gastos na promoción especial de lanzamento, e os 40 euros que custarán os billetes en taquilla. A canle oficial do evento é www.caudalfest.es, coa plataforma Entradasatualcance.com.

Cartaz do Caudal Fest de Lugo
Cartaz do Caudal Fest de Lugo

 

 

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...