InicioLugo e contornaLugoLugo presume de gastronomía na gran cita galega da restauración

Lugo presume de gastronomía na gran cita galega da restauración

Contará cun expositor en 'Xantar' da man da Deputación provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Volve o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, unha das grandes citas coa que a provincia de Lugo pon a súa riqueza gastronómica sobre a mesa e destaca a calidade dos seus platos. A cita, que este 2021 cumprirá 22 edicións, vén de ser inaugurada este mércores coa participación da Deputada provincial de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.

A participación da responsable provincial vén tamén motivada porque, un ano máis, a Deputación conta cun expositor para a promoción dos recursos etnogastronómicos e turísticos da provincia de Lugo, plataforma que agardan poder empregar para achegarse a un público “maior” e dar a coñecer o patrimonio dos 67 concellos da provincia.

Xantar, feira gastronómica organizada por Expourense, terá lugar dende este mércores 3 e ata o vindeiro domingo na capital ourensá. Nela promóvese a calidade da gastronomía e o turismo sustentable e saudable na comunidade galega. Reunirá a empresas de restauración, produtores e entidades públicas e privadas nacionais e internacionais.

De aí que García Porto anime a todas as persoas que visiten a feira a “achegarse ao stand da provincia de Lugo e descubrir todas as alternativas que ofrece o noso territorio, onde se pode escoller entre multitude de alternativas como o turismo cultural, gastronómico, de costa ou de natureza”.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...