InicioPolíticaA Deputación esquécese da Xunta no anuncio da equipararción salarial dos bombeiros...

A Deputación esquécese da Xunta no anuncio da equipararción salarial dos bombeiros de Lugo

O executivo autonómico, que tamén participa do Consorcio Provincial de Bombeiros, lembra que o acordo e o esforzo económico son conxuntos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este mércores deixou boas novas para os 117 traballadores dos parques de bombeiros da provincia, mais tamén un novo enfrontamento polo rédito político entre Deputación e Xunta. O estado de guerra aberta entre o Partido Socialista e o Partido Popular extendeuse nesta ocasión ao anuncio da equiparación salarial deste corpo co seu homólogo de Ourense, que ademais terá efecto retroactivo.

A desputa xurdiu a raíz do pleno extraordinario do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, participado a partes iguais pola Xunta e a Deputación. Cómpre lembrar que dende o pleno do mes anterior, a presidencia deste ente deixou de ser rotatoria e recae dende entón en Darío Campos, presidente da Deputación. Foi a el a quen correspondeu o anuncio da equiparación salarial dos 117 bombeiros dos parques da provincia cos seus compañeiros de Ourense, referencia en Galicia, con efecto retroactivo ata xaneiro.

Así e todo, a máxima autoridade provincial esqueceu mencionar o acordo asinado coa representación do Partido Popular, á que culpou de retrasar devandita equiparación por non aportar os fondos necesarios xa en 2016. En resposta, a Xunta de Galicia emitiu un comunicado no que lembraba o seu papel necesario no Consorcio, que aprobou este acordo económico cando a presidencia correspondía ao director xeral de Emerxencias, Luis Menor.

Imaxe do anterior pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros. Á dereita, Darío Campos | Deputación de Lugo

Malia a confrontación dialéctica extendida xa a todos os ámbitos nos que participan estas dúas formacións, o certo é que o pleno resultou satisfactorio para ambas partes, e por suposto para os profesionais da extinción de adscrición provincial. Para poñer fin á discriminación salarial dos traballadores dos parques de bombeiros de Lugo, incrementarase o prezo dos dous contratos este ano en 659.000 euros, que achegarán ao 50 % a Deputación provincial e a Xunta de Galicia.

Alén da actualización nos emolumentos, o Consorcio aprobou unha modificación urxente no crédito para o reequipamento dos parques de Vilalba, Viveiro, Sarria, Monforte Chantada e Barreiros. Isto suporá un investimento engadido de 325.000 euros para afrontar esta nova tempada de lumes de verán.

Pormenorizadamente, estes novos equipamentos corresponden á implantación de liñas de vida nos camións dos parques comarcais que eviten caídas en altura; a adquisición de novos terminais TETRA portátiles, para comunicarse en situacións con atmosferas explosivas; un novo vehículo de mando con destino ao parque comarcal de bombeiros de Monforte; e tamén un segundo traxe de intervención para cada integrante, de xeito que poidan seguir traballando se a primeira unidade de protección resultou contaminada. Tamén se acordaron adquirir outros equipamentos menores como taquillas para os parques de Vilalba e Barreiros, e seis tablets para uso en operativos diversos, en especial nos camións BUL dos seis parques da provincia.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...