InicioPolíticaOs bombeiros da provincia terán soldos equiparados cos de Ourense

Os bombeiros da provincia terán soldos equiparados cos de Ourense

Os profesionais dos seis parques da provincia de Lugo equipararán os salarios cos dos compañeiros de Ourense logo do acordo entre Deputación e Xunta no Consorcio Provincial de Bombeiros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación e do Consorcio provincial de Bombeiros de Lugo, Darío Campos Conde, anunciou que os traballadores dos parques de bombeiros da provincia aumentarán os seus salarios que se equipararán cos que cobran os seus compañeiros de Ourense.

“É unha gran satisfacción acabar coa discriminación que sufrían os traballadores dos parques de bombeiros de Lugo e poder dar cumprimento, por fin, a unha vella demanda destes traballadores, era de xustiza que os bombeiros de Lugo cobraran o mesmo que os seus compañeiros, por iso estou moi contento de sacar adiante esta iniciativa, máis aínda nun momento no que a Deputación asume definitivamente a presidencia do Consorcio, que deixará de ser rotatoria”, manifestou Darío Campos.

O aumento salarial dos traballadores producirase logo do acordo que tomou hoxe o Consorcio provincial de Bombeiros, nun Pleno no que se aprobou a modificación dos contratos coas empresas concesionarias do servizo de intervención en emerxencias que abrangue os 6 parques de bombeiros da provincia, situados en Viveiro, Vilalba, Barreiros, Chantada, Sarria e Monforte de Lemos. Para levar a cabo o incremento salarial do persoal dos parques de bombeiros foi necesario modificar os prezos dos contratos coas dúas empresas concesionarias nas cláusulas referidas ao presuposto do contrato e á masa retributiva salarial do persoal.

Para poñer fin á discriminación salarial dos traballadores dos parques de bombeiros de Lugo, incrementarase o prezo dos dous contratos este ano en 659.000 euros, que achegarán ao 50 % a Deputación provincial e a Xunta de Galicia, que son as dúas institucións integrantes do Consorcio.

A Deputación asume a Presidencia do Consorcio

O Pleno tamén aprobou o nomeamento Darío Campos como Presidente do Consorcio. Este acordo é consecuencia da modificación dos Estatutos da entidade. Ata agora a presidencia do Consorcio era rotatoria, cada dous anos facíase cargo dela a Deputación ou a Xunta e Galicia. Trala modificación dos Estatutos, a Presidencia deixa de ser rotatoria e pasa a ser desempeñada por Campos Conde, mentres que a Xunta de Galicia ocupa a Vicepresidencia do Consorcio.

ÚLTIMAS

PP e BNG apoian reprobar ao ministro de Transportes no Concello de Lugo

O Partido Popular e o BNG apoiaron no pleno municipal que o Concello de...

Xulgan a seis persoas que esnaquizaron un supermercado na rúa San Isidro Labrador e agrediron a dúas persoas ao berro de “moros de merda”

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 5, a seis persoas acusadas de...

Denunciado un condutor en Lugo por provocar un accidente e negarse a realizar a proba de alcoholemia

A Policía Local de Lugo denunciou a un condutor por provocar un accidente de circulación e...

O PP de Becerreá e veciños esixen á Deputación a apertura do centro comarcal de maiores

O PP de Becerreá arroupou no Parlamento a veciños que forman parte da plataforma...