Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora por mercar no pequeno comercio de Lugo grazas ao “Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo”.
A iniciativa para dinamizar o pequeno comercio da provincia, que está impulsada pola Federación de Comercio de Lugo co patrocinio da Deputación de Lugo e a participación da Federación de Comercio de Galicia, consiste en facer compras iguais ou superiores a 10 € nalgún comercio local, gardar o ticket e rexistralo na web da campaña que é a seguinte: www.sorteocomercio.es/coche
Deste xeito, as compras habituais poden converterse nunha oportunidade para levar un MG3 Hybrid+ e, ao mesmo tempo, seguir apoiando os negocios da nosa provincia.
O prazo para rexistrar tickets de compra rematará o 30 de novembro e o sorteo farase o día 3 de decembro.
