InicioEconomíaPreto de 2.700 solicitudes de ERTE en Lugo, máis do dobre ca...

Preto de 2.700 solicitudes de ERTE en Lugo, máis do dobre ca hai tres días

En Galicia, os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego xa superan os 20.000. A Xunta habilitou un teléfono gratuíto para atender as empresas e traballadores afectados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 2.671 empresas presentaron solicitudes para realizar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) na provincia de Lugo desde que se aprobou o estado de alarma polo coronavirus. Na provincia, estes procedementos afectarían a 9.064 traballadores.

A cifra de solicitudes é máis do dobre ca a rexistrada hai tan só tres días. Daquela, a Consellería de Economía, Emprego e Industria contabilizaba 1.058 empresas pendentes deste trámite, con 3.726 empregados afectados.

No conxunto de Galicia, os datos amosan un incremento do 18% de solicitudes de ERTE e traballadores afectados en tan só 24 horas. Agora, confírmase que 20.987 empresas pediron o ERTE, con efectos sobre 112.284 traballadores.

Ante esta situación, a Xunta habilitou unha liña de teléfono gratuíta para atender as consultas de empresas e traballadores afectados por un ERTE. O número é o 900 815 600 e funciona entre as 8.00 e as 18.00 horas de luns a venres.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...