InicioEconomíaDispáranse as solicitudes de ERTE na provincia, con 1.058 empresas pendentes do...

Dispáranse as solicitudes de ERTE na provincia, con 1.058 empresas pendentes do trámite

En tan só cinco días, aumentaron nun 90% as peticións deste procedemento, que afectarían a 3.726 empregados. No ámbito galego os expedientes asenden ata os 8.276 expedientes, con 45.440 traballadores implicados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 1.058 empresas da provincia de Lugo presentaron solicitudes para realizar Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (Ertes) desde que se decretou o estado de alarma por mor do coronavirus.

Segundo datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o incremento das peticións na provincia é do 90’17% en tan só cinco días. O 18 de marzo, a Xunta  contabilizaba 104 solicitudes, que afectarían a 505 traballadores. Agora xa serían 3.726 os traballadores afectados. Terán dereito a percibir a prestación contributiva por desemprego e a que ese tempo consumido de paro non conte como gastado.

A nivel da comunidade autónoma, presentáronse un total de 8.726 Ertes, que afectarían a 45.440 empregados. Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...