InicioDeportesO dianteiro compostelán Manu Barreiro, sexta fichaxe do Lugo nesta xanela de...

O dianteiro compostelán Manu Barreiro, sexta fichaxe do Lugo nesta xanela de xaneiro

O punta galego asina por tres tempadas e media e será presentado o mércores ás 13 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro galego Manu Barreiro é novo dianteiro de Club Deportivo Lugo. O punta de Compostela asina por tres tempadas e media, é dicir, até o 30 de xuño de 2022. É a sexta fichaxe albivermella nesta xanela de xaneiro despois de Gerard Valentín, Orest Lebedenko, Toni Martínez, Tete Morente e Hernán Menosse.

Manu Barreiro, de 32 anos e 1.91 metros de estatura, procede do Gimnàstic de Tarragona, onde xogou dende xaneiro de 2016. Na actual tempada, marcou 1 gol en 19 partidos, 15 coma titular. Na pasada campaña, aportou 10 goles.

A nivel profesional, a súa mellor cifra goleadora foron 11 goles co Deportivo Alavés na tempada 2014-2015 en La Liga 1|2|3 e 21 tantos co Racing de Ferrol na tempada 2013-2014 en Segunda División B.

O xogador será presentado o mércores ás 13 horas no estadio Ángel Carro.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...