InicioDeportesGerard Valentín, novo xogador do Lugo cedido polo Dépor

Gerard Valentín, novo xogador do Lugo cedido polo Dépor

O lateral dereito asina contrato até o 30 de xuño de 2019

PUBLICADA O

- Advertisement -

Gerard Valentín Sancho é novo lateral dereito do Club Deportivo Lugo cedido polo Real Club Deportivo da Coruña até o 30 de xuño de 2019.

O xogador nado en Avinyonet de Puigventós (Girona), de 25 anos, pode competir tamén coma extremo dereito.

Valentín leva tempada e media no Dépor, onde apenas competiu 3 partidos de Liga e 2 de Copa a campaña pasada e un de Liga e outro de Copa no presente exercicio. Antes, xogou no Gimnàstic de Tarragona entre 2014 e 2017, as dúas últimas tempadas en LaLiga 1|2|3 xogando 12 partidos na primeira campaña e 33 encontros no seguinte exercicio na segunda categoría do fútbol español.

Destaca pola súa velocidade, profundidade por banda, capacidade para os centros laterais e as súas habilidades técnicas.

O xogador pasará mañá o recoñecemento médico e será presentado ás 13 horas no estadio Ángel Carro.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...