InicioDeportesOs xogadores do C.B. Breogán comezan as revisións médicas no Hospital Polusa

Os xogadores do C.B. Breogán comezan as revisións médicas no Hospital Polusa

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán comezou a realizar as revisións médicas aos xogadores de cara a vindeira tempada en Liga ACB. O pívot neerlandés Henk Norel foi o primeiro en efectuar as pertinentes probas, que efectúanse no Hospital Polusa.

A pretempada comezará, previsiblemente, o xoves 16 de agosto. O primeiro partido confirmado son as semifinais da Copa Galicia o domingo 16 de setembro contra un rival da fase previa: Club Básquet Coruña, Club Ourense Baloncesto ou Club Baloncesto Peixefresco Marín.

O Breogán confirmou cinco fichaxes: o aleiro Romaric Belemene e os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...